GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Sócrates-Erasmus

Sócrates é o programa da Unión Europea para a cooperación no ámbito da educación. Foi aprobado o 14 de marzo de 1995. Sócrates financia oito accións, das que a segunda é a denominada Erasmus adicada ao ensino superior. Eramus financia, entre outras actividades, a mobilidade de estudantes entre universidades europeas participantes no programa.

A convocatoria para solicitar as bolsas Erasmus na Universidade de Vigo faise pública no mes de febreiro para gozar desta durante o curso seguinte. Deste xeito, selecciónanse os estudantes e comunícaselles ás universidades de destino o nome destes con tempo suficiente para que reciban a información necesaria (programa de estudos, aloxamento, etc.).

O número de prazas varía cada ano e é diferente en cada centro, polo que se deberá consultar a listaxe de prazas que ofrece o centro en que se estea matriculado. A selección realizarase en cada centro.

Máis información

 

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es