Existen moitas e boas razóns polas que estudar EnxeñarÃa Informática é unha boa idea, pero pódense resumir nas 10 razóns da ACM (Association for Computer Machinery), unha das principais asociacións mundiais de referencia no noso ámbito:
1. A informática forma parte de todo o que facemos. Os computadores e a tecnoloxÃa asociada atópanse practicamente en todo o que forma parte das nosas vidas, dende os coches que conducimos ás pelÃculas que vemos, pasando polo modo en que as empresas e a administración relaciónanse connosco. O comprender as diferentes dimensións da informática é parte do conxunto de capacidades necesarias para unha persoa formada no século XXI. Tanto se se desexa ser cientÃfico, desenvolver a aplicación máis avanzada ou sinxelamente saber que significa realmente a expresión "hai un problema informático", o estudar Informática proporcionará coñecemento fundamental nese sentido.
2. A experiencia en cuestións informáticas permite resolver problemas complexos e que constitúen un desafÃo. A Informática é unha disciplina que proporciona satisfaccións e interesantes posibilidades para un gran número de persoas, sen importar os seus intereses. A informática require e desenvolve capacidades para resolver problemas difÃciles, con múltiples dimensións, que requiren imaxinación e sensibilidade cara a unha gran variedade de temas.
3. A Informática permite facer un cambio positivo no mundo que nos rodea. A Informática leva a innovación ao campo cientÃfico (proxecto xenoma humano, vacina da SIDA, protección e control do medio ambiente, etc.) e tamén en enxeñarÃa, negocios, entretemento e educación. Se se desexa facer un cambio positivo no mundo débese estudar Informática.
4. A Informática proporciona diversos tipos de lucrativas carreiras profesionais. Os traballos de Informática están entre os mellor pagos e proporcionan a máis alta satisfacción no traballo. A informática asóciase a miúdo con innovación, e os desenvolvementos informáticos adoitan conducir a ela. Esta pode ser a clave, nestes momentos, da competitividade nacional. As posibilidades de desenvolvemento futuras espéranse que sexan mesmo superiores ás que xa se produciron no pasado.
5. O traballo en Informática será fundamental, independentemente de onde se sitúen fisicamente as persoas. Nestes momentos hai máis traballos no campo da informática que persoas cualificadas para cubrilos. En Estados Unidos, o emprego en TecnoloxÃas da Información foi un 17% superior en 2004 respecto de 1999 e establécese o maior potencial de novo emprego até 2014. Se se considera o crecemento esperado en Informática, é simple ver que se necesitará máis talento, independentemente de onde se atopen esas persoas talentosas.
6. A experiencia en Informática serve de axuda, mesmo aÃnda que esta non sexa a parte principal do traballo. Ter un grao en Informática proporciona uns coñecementos conceptuais sobre resolución de problemas e pensamento lóxico que servirán como vantaxe competitiva na carreira profesional, sexa cal sexa o ámbito na que ésta se desenvolva.
7. A Informática ofrece grandes oportunidades de creatividade e innovación. A creación de solucións software de alta calidade é unha actividade altamente creativa, ademais, a informática dá soporte ao traballo creativo en moitos outros campos. A mellor solución informática mostra altos niveis de elegancia e beleza.
8. A informática incentiva o traballo colaborativo pero tamén o esforzo individual. A informática céntrase a miúdo en equipos que requiren persoas con diferentes capacidades; con todo, hai tamén espazo para a individualidade e a imaxinación.
9. A Informática é unha parte esencial dunha preparación académica completa. Cada vez máis universidades e empresas recoñecen o completar un curso de informática como unha mostra de currÃculo académico con valor.
10. As oportunidades futuras en informática non teñen fronteiras. A informática é un deses campos onde é case imposible predicir que vai ocorrer a continuación. Este é o motivo que fai difÃcil imaxinar todos os modos nos que unha persoa pode contribuÃr e constitúe, dentro deste campo, unha parte importante do traballo real e emocionante.
Ademais destas dez razóns pode resultar moi útil este programa de "A Aventura do Saber", emitido pola 2 de RTVE, e adicado á EnxeñarÃa Informática.
Outros vÃdeos de interese: What most Schools don't teach
+ Sobre ESEI
+ Estudios
+ Alumnos