GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

A ESEI

 

A Escola Superior de Enxeñaría Informática (en diante, ESEI) é, dende o curso 1991/1992, o Centro da Universidade de Vigo que ten a responsabilidade de impartir os ensinos universitarios relacionadas co ámbito da enxeñaría informática. Atópase situada no Edificio Politécnico do Campus de Ourense.

 

OFERTA FORMATIVA

A nosa oferta formativa está composta das seguintes titulacións:

Grao en Enxeñaría Informática: titulación vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática, de 240 ECTS e catro anos adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior. Ten como obxectivo dotar ao estudante dunha formación xeneralista nas principais áreas propias da Informática, e que consta de dúas especialidades: Enxeñaría de Software e Tecnoloxías da Información.

Máis información sobre o Grao.

 

Máster Universitario en Enxeñaría Informática: titulación vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a en Informática, de 90 ECTS e un curso e medio adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior. Ten como obxectivo dotar ao titulado dunha profunda formación en temas de dirección e xestión da área de tecnoloxías da información, así como sólidos coñecementos en tecnoloxías específicas asociadas a diferentes perfís profesionais deste ámbito. O titulado adquire competencias técnicas, de comunicación e liderado que lle capacitan para pór en marcha o seu propio negocio ou para integrarse en postos directivos da área TIC en empresas e organizacións.

Máis información sobre este Máster Universitario.

 

PROFESORADO

A plantilla de profesorado da ESEI está formada por máis de 60 profesores e profesoras con ampla experiencia docente e investigadora. A práctica totalidade do profesorado a tempo completo ten o título de Doutor. Ademais, a ESEI dispón de profesores que compatibilizan as súas tarefas docentes co exercicio da profesión. A súa experiencia profesional achega un importante valor engadido á formación do alumnado.

Relación de profesorado

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es