O Colexio Profesional de EnxeñarÃa Técnica Informática de Galicia (CPETIG) é unha corporación de dereito público que aglutina aos Enxeñeiros/as de grao medio (titulados universitarios de ciclo curto) en Informática, represéntaos oficialmente, e traballa para organizar, protexer, mellorar e velar por un adecuado exercicio da profesión, con garantÃa de calidade e vontade de servizo á Sociedade.
O CPETIG é e traballará para selo aÃnda máis un referente de e para o sector TIC en Galicia, achegándolle a leste as garantÃas que lle ofrecen a súa independencia e a calidade dos seus profesionais.
Son fins do colexio os seguintes (artigo 5 dos estatutos)
a) A ordenación, no ámbito da súa competencia e de acordo co establecido polas leis, do exercicio da profesión da EnxeñarÃa Técnica en Informática en todas as súas formas e especialidades, a representación exclusiva desta profesión e a defensa dos intereses profesionais dos titulados e tituladas.
b) Velar pola satisfacción dos intereses xerais relacionados co exercicio da profesión de EnxeñarÃa Técnica en Informática, mediante a promoción, salvagarda yobservación dos principios deontolóxicos e éticos da profesión e da súa dignidade e prestixio.
c) Lograr a constante mellora do nivel de calidade das prestacións profesionais dos colexiados e colexiadas, mediante a promoción e fomento do progreso das actividades propias da profesión, da investigación, desenvolvemento e innovación cientÃfica e técnica, asà como da solidariedade profesional e do servizo da profesión á sociedade.
d) Cooperar na mellora dos estudos que conducen á obtención do tÃtulo de EnxeñarÃa Técnica en Informática, favorecendo os ensinos técnicos profesionais de investigación relacionadas coa carreira, facilitando a formación de técnicos e técnicas aptos para as súas diversas funcións, promovendo para este efecto o entendemento entre os centros de ensino e as empresas, para obter o máximo nivel intelectual, cultural e de aplicación da EnxeñarÃa Técnica en Informática.
e) Colaborar coas administracións públicas na consecución dos dereitos individuais e colectivos da profesión recoñecidos pola Constitución e o Estatuto de AutonomÃa de Galicia aos colexios profesionais.
Colexiación
A colegiación no CPETIG demostra o teu compromiso co teu crecemento e mellora profesional e co desenvolvemento e recoñecemento da comunidade de profesionais das enxeñarÃas das tecnoloxÃas da información.
Se es titulado nun grao en enxeñarÃa informática, unha enxeñarÃa técnica en informática, diplomatura en informática ou tÃtulo estranxeiro equivalente debidamente homologado, podes solicitar xa o teu colegiación inmediata ou inscribirche como interesado no Colexio Profesional de EnxeñarÃa Técnica en Informática de Galicia.Aqueles estudantes que estean a piques de conseguir o tÃtulo poderán incorporarse tamén ao Colexio como precolexiados.
Máis información sobre como e por que colegiarse aquÃ
+ Sobre ESEI
+ Estudios
+ Alumnos