EN
ESEI
Universidade de Vigo

 

Qué é o Espazo Europeo de Educación Superior?

Pensa que poidas estudar a túa carreira en varios países europeos, aprendendo diferentes idiomas e relacionándoche con persoas de distintas culturas.

Ademais, que as túas notas non dependan duns poucos exames nos que che xogues o todo ou nada, senón que a túa avaliación determínese polo traballo que desenvolvas durante todo o curso.

A iso engádelle que poidas escoller entre unha gran variedade de títulos que respondan as túas aspiracións persoais e profesionais, no canto de facelo entre un catálogo pechado de titulacións máis ou menos xenéricas.

E por suposto, que teñas a oportunidade de abrirche camiño no mercado laboral desde a propia Universidade, facendo prácticas da túa especialidade en prestixiosas empresas do sector, sen necesidade de privilexios nin recomendacións.

Supón que recibas ofertas de traballo de toda Europa grazas ao valor da túa titulación en máis de 20 estados europeos, ampliando as túas saídas laborais máis aló do territorio español.

Xa o fixeches? Pois esa é a Universidade do Proceso de Bolonia.

De acordo, quizais isto é demasiado xenérico, así que quizais estas ligazóns axúdenche a aclarar as dúbidas que teñas con respecto a Bolonia e o EEES:

 

 

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es