GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Ofertas de emprego e prácticas

 

PRÁCTICAS EN EMPRESAS

As prácticas académicas externas do alumnado están reguladas pola normativa da Universidade de Vigo e a normativa específica da ESEI.

Existen dous tipos de prácticas:

1) Prácticas curriculares: xestionadas pola Escola. Son prácticas que están incluídas no plano de estudos do alumnado (ben optativas como no Grao en Enxeñaría Informática, ou ben abrigatorias, como no Máster en Enxeñaría Informática). Realízanse obrigatoriamente durante o curso académico, pois teñen o carácter administrativo de calquera outra materia.

2) Prácticas extracurriculares: xestionadas pola FUVI. Son máiis flexibles para a empresa e o/a estudante, pois  entre outras cuestións pódense convocar e cursar en calquera momento, a empresa pode seleccionar ó/á alumno/a entre as persoas solicitantes, e poden realizarse fóra do curso académico. Segundo a normativa da Universidade, estas prácticas deben ser remuneradas se superan as 240 horas, e non poden durar máis de 6 meses.

Independentemente do tipo de prácticas que se oferten, é necesario dispoñer dun convenio de colaboración en vigor, de cuxa tramitación encárgase a FUVI.

As empresas que desexen ofertar este tipo de prácticas para calquera titulación deben realizar os seguintes trámites:

Prácticas extracurriculares

Xestiónanse directamente coa  Fundación Universidade de Vigo (FUVI) e poderán ofertarse ao longo do ano. Contacto:

Sandra Morales Lloves
Fundación Universidade de Vigo
Edificio Administrativo, Campus As Lagoas s/n
32004 Ourense

Email: practicasou(at)fundacionuvigo.es

Tel: 988 368 898

 

Prácticas curriculares

Ofertaranse nos períodos establecidos para cada curso académico. É necesario poñerse en contacto co coordinador de prácticas da ESEI:

Enrique Barreiro Alonso
Correo electrónico: enrique(at)uvigo.es
Tel: 988 368 911

 

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN ACADÉMICA

Tanto as prácticas curriculares como extracurriculares precisan da existencia dun convenio de colaboración académica en vigor. Para a súa tramitación as empresas deben contactar coa Fundación Universidade de Vigo, nos datos de contacto sinalados máis arriba. O convenio oficial da Universidade de Vigo pode ser descargado dende esta páxina.

 

OFERTAS DE EMPREGO

A Fundación Universidade de Vigo (FUVI) é a responsable de publicar as ofertas de emprego que as empresas fan chegar á Universidade.

Podes obter información na área de emprego da Universidade de Vigo, e tamén podes consultar as ofertas que chegan á ESEI dende a nosa páxina de Twitter ou ben dende a sección adicada a ofertas de emprego da ESEI.

Ante calquera dúbida podes poñerte en contacto co coordinador de prácticas da ESEI.

emprego(at)esei.uvigo.es

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es