ESEI
Universidade de Vigo
Loading

 

 
Charla sobre Desenrolo de microservizos con Spring Boot

29.11.2017 18:39



"Desenrolo de microservizos con Spring Boot" a cargo de Vitor Fernández


O dia 30 de Novembro de 2017, as 17:00 horas, no Salón de Grados do Edificio Politécnico terá lugar unha charla con título "Desenrolo   de   microservizos   con   Spring   Boot" a cargo de Vitor Fernández (https://twitter.com/vfdiaz), Arquitecto Software en Optare Solutions.

 
Vitor leva tempo embarcado nun gran proxecto para un operador de telecomunicacións nacional onde tivo a oportunidade de liderar a  implantación   de microservizos usando Spring Boot, un framework moi popular baseado en Spring. 
 
Esta charla será unha boa oportunidade de coñecer algunhas tecnoloxías modernas pero accesibles a todo o mundo. 
 
A charla terá un contido teórico e práctico, e veremos cómo implementar de   forma sinxela unha arquitectura de microservizos co framework Spring Boot.  Mediante exemplos prácticos, con unhas poucas liñas de código poñeremos  en  funcionamento un API REST, utilizando as ferramentas que nos facilita o ecosistema Spring. 
 
Optare Solutions (optaresolutions.com) é unha consultora viguesa de integración de sistemas especializada no sector das telecomunicacións, con proxectos en máis de 15 paises e máis de 30 operadoras. Actualmente ten oficinas en Vigo, Madrid e Cidade de México, e nas próximas semanas abrirá unha nova oficina en Ourense. 
 
No mesmo acto presentarase en primicia unha innovadora iniciativa ligada a Ourense, á ESEI e a Optare Solutions.








<- Back to: Inicio

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es