ESEI
Universidade de Vigo
Loading

 

 
Apertura do 3º prazo de matricula no Máster en Enxeñaría Informática

21.09.2018 12:50



Do 24 ao 26 de setembro


Do 24 ao 26 de setembro ábrese o terceiro prazo de preinscripción no Máster en Enxeñaría Informática. O acceso a este máster é directo para os Graduados en Enxeñaría Informática pero tamén, con complementos formativos, para outros titulados, sobre todo das ramas de enxeñaría. Outra novidade importante este ano: os Enxeñeiros Técnicos en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo non precisan facer ningún complemento de formación.
Este ano os prezos dos másters habilitantes, como é o caso do Máster de Enxeñaría Informática, pasan de custar 31.36 €/crédito a tan so 13,93 €/crédito, o mesmo prezo que os graos.
Se traballan nunha empresa, ou vas empezar a traballar mira esta información (www.permisoindividualdeformacion.com). A túa empresa pode recibir unha compensación se cursas o máster.
Este ano estreamos tamén dúas novas orientacións: seguridade informática en sistemas e redes e investigación en enxeñaría informática.

Tendes mais información sobre o máster en: master.enxeñeriainformatica.es








<- Back to: Inicio

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es