GL
 
ESEI
Universidade de Vigo
Loading

 

 
Hora do Código Sábado 16

13.12.2017 09:44



Hora do Código na ESEI


O vindeiro sábado pola mañá, día 16 de decembro, a Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo (ESEI) e o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) organizamos dentro da semana da Educación en Informática un conxunto de actividades e talleres dirixidos a nenas e nenos de entre 6 e 18 anos co obxectivo de achegarlles dunha forma lúdica e divertida á programación, á tecnoloxía de impresión en 3D e á programación de pequenos dispositivos. As actividades, que son totalmente gratuítas, desenvolveranse nas aulas da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense segundo o programa que se adxunta.

 

Toda a información sobre o evento está dispoñible no documento adxunto e na web de "A Hora do Código" (http://www.horadocodigo.gal).

 

A inscrición pode realizarse a través da web: horadocodigoesei.eventbrite.es






Ficheiros:

Actividades_Hora_do_Codigo_2017_ESEI_01.jpg419 K

<- Atrás, na lista de novas

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es