GL
 
ESEI
Universidade de Vigo
Loading

 

 
XORNADA SÚPER-ACCIÓN I

08.03.2017 12:59




O vindeiro luns, 13 de marzo,ás 19:00 h, desenvolverase no Campus de Ourense a Xornada Super-Acción I, na que se contará coa presenza de Alex Ferradás, persoa dependente dunha silla de rodas dende o ano 2006.

 

Alex foi un dos fundadores de Working Wheels,un proxecto que traballa pola accesibilidade e a integración, realizando diferentes actividades e ten un equipo amateur que afronta retos deportivos.

 

Dende o 2016 forma parte tamén do proxecto Enki, que persegue a total inclusión de deportistas con discapacidade en eventos deportivos.

 

Nesta xornada, ademais de falar sobre a discapacidade física tamén falará da superación e o tan preciso no ámbito universitario traballo en equipo.

 

Animámosvos a asistir a todos e a todas.

 

Máis información aquí.








<- Atrás, na lista de novas

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es