GL
 
ESEI
Universidade de Vigo
Loading

 

 
FORUM EMPREGO UNIVERSITARIO 2017

26.09.2017 10:16




A Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo organiza nos tres campus o FÓRUM EMPREGO UNIVERSITARIO 2017 “PREPARA A FINDE.U”, co fin de aproximar ao alumnado e aos titulados e tituladas da Uvigo á realidade da busca de emprego, a través de conferencias, mesas redondas, coloquios... que facilitarán información e recursos necesarios á hora de iniciar a busca activa de emprego e de preparar a visita á Feira de Emprego que se realizará en Vigo entre o 24 e 25 de outubro en IFEVI.
Estructura das Xornadas

Sesión presencial: conferencias e mesas redondas (6 horas) sobre ferramentas para a búsqueda de emprego e prácticas no marco da Finde.U (programa).
Sesión non presencial: programa de 12 horas a través de FAITIC sobre ferramentas para a busca de emprego e prácticas con carácter xeral (programa non presencial).

Datas e lugar de celebración das sesións presenciais:
Todos os campus: 9 de outubro de 2017

Vigo: Sala Access Grid da Biblioteca Central
Ourense: Biblioteca central 2ª planta (por videoconferencia)
Pontevedra: Facultade de Ciencias Sociais, 1º andar-seminario 5 (por videoconferencia9

Inscrición gratuíta:

Prazas limitadas (admisión por rigoroso orde de inscrición. Inscrición aquí).

Ténse solicitado o recoñecemento de 18 horas de traballo por créditos optativos ECTS ou 1 crédito de Libre Elección para todas as titulacións da Universidade de Vigo

Pode consultalo en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/14299








<- Atrás, na lista de novas

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es