GL
 
ESEI
Universidade de Vigo
Loading

 

 
GRAO EN ENXEÑARÍA INFORMÁTICA - OFERTAS DE TFG PARA O CURSO 2017/2018

13.10.2017 09:09




Publicadas con data 13/10/2017 as ofertas do profesorado para os TFG, que poden ser consultadas na web da ESEI.

 

Segundo o establecido no artigo 7.e do Regulamento de Traballos de Fin de Grao da ESEI, e de acordo co calendario de defensa de traballos de fin de grao, o alumnado que non teña asignado un TFG e profesorado titor correspondente deberá presentar unha solicitude indicando, por orde de preferencia, todos os TFG nos que estea interesado, segundo o modelo que se pode descargar dende a páxina web da ESEI --> Formularios --> Traballos de fin de grao --> Solicitude de asignación de TFG.

 

Prazo de presentación de solicitudes: 16-20 de outubro de 2017, na Secretaría de Dirección do Centro.

 

NOTA: segundo o artigo 7.g do Regulamento de Traballos de Fin de Grao da ESEI, e co fin de garantir que todo o alumnado matriculado na materia de TFG dispoña de profesorado titor e temática para o traballo, os/as estudantes matriculados na materia de TFG que non o solicitaran e non teñan TFG e profesorado titor, serán asignados/as de oficio pola Comisión Delegada a unha das propostas dispoñibles, por sorteo.








<- Atrás, na lista de novas

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es