Propostas de TFM
28.09.2018 14:30

Noticia dirixida aos alumnos matriculados no TFM
Segundo o calendario de TFM, hoxe ábrese o prazo para que os alumnos matriculados no TFM que non teñan xa acordado cun profesor a realización do TFM poidan escoller entre algún dos ofertados polos docentes no máster. As propostas pódense consultar na páxina web da ESEI. O prazo para indicar as preferencias de cada un remata o día 3 de outubro as 14:00. Tendes dúas maneiras de indicar as vosas preferencias. 1) Cubrir, asinar e entregar por rexistro na secretaría da ESEI o formulario que atoparedes na web da ESEI (Solicitude de asignación de TFM). Se alguén está fora e mo envia asinado por correo electrónico tamén me sirve. 2) Cubrir o formulario on-line que aoparedes en: https://form.jotformeu.com/82552675458367 Neste caso pediravos unha verificación de identidade polo correo electrónico. Procurade empregar o correo que tendes como contacto nesta lista ou o do dominio esei.uvigo.es O día 5 farase a asignación provisional das propostas e publicarase na web do centro.
<- Atrás, na lista de novas
|