GL
 
ESEI
Universidade de Vigo
Loading

 

 
Segundo periodo de preinscripción no Máster de Enxeñaría Informática

27.08.2019 11:26




Ata o día 2 de setembro está aberto o segundo periodo de preinscripción no Máster de Enxeñaría Informática que se imparte na Escola Superior de Enxeñaría Informática, da Universidade de Vigo.

Lembrarvos que este máster habilita para a profesión de Enxeñeiro Informático e para poder participar en oposicións do nivel A1.

Unha novidade importante deste ano é que aos Enxeñeiros Técnicos en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo non se lles esixen complementos de formación, polo que poden acceder directamente ao máster. Para o resto de enxeñeiros técnicos habería que analizar cada caso pero é posible que tampouco fosen precisos.

Outra novidade positiva dende o ano pasado é que o custo de matrícula baixou moito, porque como máster "profesional" aplícaselle un prezo de crédito igual ao grao (case a metade que o prezo ordinario).

Para a xente que xa está traballando o master conta cun horario de tarde.

http://master.enxeñeriainformatica.es/

Podedes consultar calquera dúbida en: coordinador.mei.esei@uvigo.es ou info@esei.uvigo.es








<- Atrás, na lista de novas

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es