Tal e como se establece no RD1393/2007 concretamente no artigo 24. "unha vez elaborados os plans de estudos conducentes á obtención de títulos oficiais, deberán ser verificados polo Consello de Universidades. Os títulos universitarios oficiais deberán someterse a un procedemento de avaliación cada 6 anos a contar desde a data do seu rexistro no RUCT, co fin de manter a súa acreditación. A estes efectos a Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), establecerá os protocolos de verificación e acreditación necesarios.
A garantía de calidade pode describirse como a atención sistemática, estruturada e continua á calidade en termos do seu mantemento e mellora. No marco das políticas e procesos formativos que se desenvolven nas universidades, a garantía da calidade ha de permitir a estas institucións promover a mellora continua da calidade dos seus programas e títulos, e que se comprometen a pór en marcha os medios que aseguren e demostren esa calidade.
O obxectivo básico do Sistema de Garantía Interno de Calidade da ESEI é garantizar a calidade de tódalas titulacións adscritas á mesma, revisando e mellorando sempre que se considere necesario os seus programas formativos, baseados nas necesidades e expectativas dos seus grupos de interés ós que se terá puntulamente informados e mantendo permanentemente actualizado o propio SGIC.
O SGIC da ESEI deseñouse coa colaboración da área de Calidade da Universidade de Vigo, e foi personalizado pola Comisión de Garantía de Calidade á Escola, atendendo ás súas diferentes particularidades, garantindo o cumprimento dos requisitos contidos na proposta de acreditación elaborado por ANECA.
O documento básico do SGIC implantado na ESEI é o Manual do Sistema de Garantía Interna de Calidade (MSGIC), dado que nel defínense as características xerais do sistema, os requisitos que atende, o seu alcance e as referencias á documentación xenérica da que se parte ou aos procedementos que o desenvolven.
A documentación do SGIC complétase cun total de 26 Procedementos compostos por unha serie de documentos aos que se fai continua referencia no MSGIC.
En marzo de 2004, a Axencia para a Avaliación da Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), avaliou positivamente o noso SGIC, e conforme ás directrices do Programa FIDES-AUDIT, expedindo o correspondente certificado.
Máis información: Área de Calidade de la Universidad de Vigo

+ Sobre ESEI
+ Estudios
+ Alumnos