GL
 
ES
ESEI
Universidade de Vigo

 

Fundamentos Matemáticos para a Informática

Código:

O06G150V01103

Acrónimo:

FMI

Nome:

Fundamentos Matemáticos para a Informática

Centro:

Escola Superior de Enxeñaría Informática

Titulación:

Grao en Enxeñaría Informática

Curso Titulación:

Primeiro

Período:

Primeiro Cuadrimestre

Tipo:

Formación Básica

Resultados de aprendizaxe:

Adquirir conceptos, procedementos e estratexias da matemática discreta e a lóxica que teñan aplicación na informática.

Aplicar os fundamentos matemáticos á resolución de problemas da informática.

Coñecer a terminoloxía, notación e métodos das matemáticas.

Coñecer e aplicar a linguaxe proposicional e a lóxica de predicados.

Coñecer e comprender o concepto e a necesidade do razoamento abstracto e as demostracións, sendo de especial importancia a inducción, pola súa aplicación na informática.

Coñecer e aplicar as propiedades das operacións básicas sobre conxuntos e aplicacións.

Coñecer e aplicar os conceptos fundamentais da teoría de números que xogan un papel esencial na aritmética computacional, en problemas de asignación de memoria e en cuestións de seguridade informática.

Coñecer e aplicar técnicas de reconto e de enumeración así como a análise combinatoria.

Coñecer e utilizar estruturas discretas, que son as estruturas abstractas matemáticas usadas para representar obxectos discretos e
relacións entre eless.

Estudar as propiedades básicas de álxebra de Boole e algúns procedementos para simplificar as funcións booleanas.

Coñecer as nocións e ferramentas elementais propias da teoría de grafos e a súa aplicación na resolución de problemas cotiás e da informática.

Saber utilizar e interpretar ferramentas de software matemático.

Saber usar de forma apropiada teorías, procedementos e ferramentas matemáticas no desenvolvemento profesional.

Saber prolongar as teorías de base ata as aplicacións que lle interese.

Identificar e analizar criterios e especificacións adecuados a problemas concretos.

Saber buscar solucións algorítmicas aos problemas que foron formulados.

Obter habilidades de aprendizaxe precisas para estudos posteriores.

Argumentar e xustificar lóxicamente opinións e decisións.

Departamento:

Matemáticas

Dirección WEB:

http://faitic.uvigo.es/

Profesora responsable:

Macía Fernández,Benjamín

Guía docente:

Enlace a DocNet


 

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es