Titulación vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática, de 240 ECTS repartidos en catro cursos, incluido o Traballo Fin de Grao. O titulado é un profesional unha completa formación cientÃfica, tecnolóxica e socioeconómica, que o prepara para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxÃas da información e as comunicacións (TIC) no ámbito da Informática.
Coordinadora: Prof. Eva Lorenzo Iglesias
OBXECTIVOS
O marco académico aprobado polo Consello de Universidades relativo á ordenación dos ensinos universitarios oficiais vinculadas ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática estableceu que a formación do tÃtulo de Graduado en EnxeñarÃa Informática permite ao egresado adquirir, en distintos niveis de profundización, as seguintes capacidades, competencias e destrezas xerais:
1. Concibir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da enxeñarÃa en informática que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 3.2 desta memoria, a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
2. Dirixir as actividades obxecto dos proxectos do ámbito da informática.
3. Deseñar, desenvolver, avaliar e asegurar a accesibilidade, ergonomÃa, usabilidade e seguridade dos sistemas, servizos e aplicacións informáticas, asà como da información que xestionan.
4. Definir, avaliar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e a execución de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
5. Concibir, desenvolver e manter sistemas, servizos e aplicacións informáticas empregando os métodos da enxeñarÃa do software como instrumento para o aseguramiento da súa calidade.
6. Concibir e desenvolver sistemas ou arquitecturas informáticas centralizadas ou distribuÃdas integrando hardware, software e redes.
7. Coñecer, comprender e aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática e manexar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
8. Coñecer as materias básicas e tecnoloxÃas, que capaciten para a aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxÃas, asà como as que lles doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
9. Resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomÃa e creatividade. Capacidade para saber comunicar e transmitir os coñecementos, habilidades e destrezas da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática.
10. Coñecer a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasaciones, peritaciones, estudos, informes, planificación de tarefas e outros traballos análogos de informática, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 3.2 desta memoria.
11. Analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da actividade do Enxeñeiro Técnico en Informática.
12. Coñecer e aplicar elementos básicos de economÃa e de xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, asà como a lexislación, regulación e normalización no ámbito dos proxectos informáticos, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 3.2 desta memoria.
+ Sobre ESEI
+ Estudios
+ Alumnos