EN
ESEI
Universidade de Vigo

 

Grao en Enxeñería Informática

 

Titulación vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática, de 240 ECTS repartidos en catro cursos, incluido o Traballo Fin de Grao.  O titulado é un profesional unha completa formación científica, tecnolóxica e socioeconómica, que o prepara para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) no ámbito da Informática.

Descrición do título

Coordinadora: Prof. Eva Lorenzo Iglesias

 

OBXECTIVOS

O marco académico aprobado polo Consello de Universidades relativo á ordenación dos ensinos universitarios oficiais vinculadas ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática estableceu que a formación do título de Graduado en Enxeñaría Informática permite ao egresado adquirir, en distintos niveis de profundización, as seguintes capacidades, competencias e destrezas xerais:

1. Concibir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da enxeñaría en informática que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 3.2 desta memoria, a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.

2. Dirixir as actividades obxecto dos proxectos do ámbito da informática.

3. Deseñar, desenvolver, avaliar e asegurar a accesibilidade, ergonomía, usabilidade e seguridade dos sistemas, servizos e aplicacións informáticas, así como da información que xestionan.

4. Definir, avaliar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e a execución de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.

5. Concibir, desenvolver e manter sistemas, servizos e aplicacións informáticas empregando os métodos da enxeñaría do software como instrumento para o aseguramiento da súa calidade.

6. Concibir e desenvolver sistemas ou arquitecturas informáticas centralizadas ou distribuídas integrando hardware, software e redes.

7. Coñecer, comprender e aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática e manexar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.

8. Coñecer as materias básicas e tecnoloxías, que capaciten para a aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías, así como as que lles doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.

9. Resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. Capacidade para saber comunicar e transmitir os coñecementos, habilidades e destrezas da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática.

10. Coñecer a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasaciones, peritaciones, estudos, informes, planificación de tarefas e outros traballos análogos de informática, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 3.2 desta memoria.

11. Analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da actividade do Enxeñeiro Técnico en Informática.

12. Coñecer e aplicar elementos básicos de economía e de xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización no ámbito dos proxectos informáticos, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 3.2 desta memoria.

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es