GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Programas de Mobilidade

Como estudante da Universidade de Vigo podes cursar parte dos teus estudos noutras universidades nacionais ou estranxeiras a través de programas como SICUE, Erasmus ou ISEP, así como beneficiarte das bolsas propias desta Universidade.

Tamén tes á túa disposición un tándem de conversación coa finalidade de fomentar a aprendizaxe de idiomas e as relacións interpersoais entre os participantes.

Os estudantes da ESEI poden ir, no marco destes programas, ademais da outras universidades españolas, a escolas e facultades de países como Francia, Italia, Alemaña, Turquía, Islandia, Portugal, Finlandia, Polonia...

Consulta neste apartado o programa de intercambio ou de prácticas profesionais no estranxeiro que máis che interese... e non o dubides:

un programa de mobilidade é a mellor experiencia persoal e formativa que pode ter un estudante universitario.

A Oficina de Relacións Internacionais da Universidade é a encargada de coordinar, centralizar e xestionar as actividades internacionais que se desenvolven na institución, relacionadas con programas de intercambio de formación de estudiantes.

A responsable de programas de mobilidade na ESEI é a Profesora Alma Gómez Rodríguez, ca que podes contactar no seu despacho, no (34) 988 387 008, ou a través do email alma (at) uvigo.es.

Ademáis dos que aquí aparecen, na web da ORI podes consultar información sobre outros programas de mobilidade.

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es