GL
 
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Estudos oficiais

 

Na ESEI podes cursar as seguintes titulacións oficiais, vinculadas ao ámbito da Enxeñería Informática:

Grao en Enxeñaría Informática: titulación vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática, de 240 ECTS e catro anos adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior. Ten como obxectivo dotar ao estudante dunha formación xeneralista nas principais áreas propias da Informática, e que consta de dúas especialidades: Enxeñaría de Software e Tecnoloxías da Información.

Máis información sobre o Grao.

 

Simultaneidade Grao en Enxeñaría Informática e Grao en Administración e Dirección de Empresas: Un/unha estudante pode cursar de forma simultánea ambos estudos seguindo o programa conxunto elaborado pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (FCETOU) e a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI). A formación recibida facultará ao titulado/a para traballar tanto no eido empresarial como no da informática, pero o que é máis relevante, en aqueles postos de traballo no que a combinación das competencias de ámbolos dous campos sexa especialmente necesaria e valorada.

Máis información sobre a simultaneidade.

 

Máster en Enxeñería Informática: titulación vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro en Informática, de 90 ECTS e un curso e medio adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior. Ten como obxectivo dotar ao titulado dunha profunda formación en temas de dirección e xestión da área de tecnoloxías da información, así como sólidos coñecementos en tecnoloxías específicas asociadas a diferentes perfís profesionais deste ámbito. O titulado adquire competencias técnicas, de comunicación e liderado que lle capacitan para pór en marcha o seu propio negocio ou para integrarse en postos directivos da área TIC en empresas e organizacións.

Máis información sobre este Máster.

 

Máster en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables: máster de investigación vinculado ao programa de doutoramento do mesmo nome, e adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior. Proporciona unha formación avanzada en aplicacións das técnicas e tecnoloxías de desenvolvemento de software adaptable e intelixencia artificial e ambiental. O titulado deste Máster está preparado para realizar a súa tese doutoral, así como para incorporarse a grupos de investigación do ámbito das tecnoloxías da información.

Máis información sobre este Máster.

 

Enxeñería en Informática (segundo ciclo): titulación LRU vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a en Informática, que se empezará a extinguir no curso 2012/2013, e á que tradicionalmente accedían titulados das enxeñarías técnicas en informática. Na ESEI unicamente impártese o segundo ciclo (cuarto e quinto curso).

Máis información sobre esta titulación.

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es