Curso gratuíto de iniciación práctica á impresión 3D

Dentro do programa de formación en competencias dixitais e-Destrezas, este curso pretende dotar ao alumnado dos coñecementos da tecnoloxía de impresión necesarios para deseñar e fabricar as súas propias pezas en 3D. Tamén se ensinará a montar unha impresora 3D desde cero e recoñecer os elementos que a compoñen. E tamén a identificar os problemas habituais de funcionamento e como corrixilos.

  • Instalacións onde se imparte: La Molinera
  • Período: do 5 de novembro ao 10 de decembro
  • Horario: Martes, de 16.00 a 21.00 (30 horas)

Inscrición e máis información