A ESEI presenta a súa oferta académica en Edugal

Do 12 ao 14 de febreiro tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a novena edición do Salón da oferta de educación e formación de Galicia (Edugal).

A ESEI contou cun stand onde ademais de información e asesoramento da oferta académica os visitantes puideron participar nunha actividade de Scape Room, que tivo moito éxito.

Dentro do programa do evento, impartiuse unha charla de orientación universitaria ca finalidade de informar ós futuros estudantes da oferta académica da Enxeñaría Informática na Universidade de Vigo.