I Concurso de Deseño ESEI 2020

A delegación de alumnos (ESEIDA) e a dirección da ESEI, con motivo de ter unha base visual de imaxe identificativa para realizar merchandising da Escola, convoca o I Concurso de Deseño.

Neste concurso poderá participar calquera estudante, PDI ou PAS da ESEI, así como alumnado de ensinos medios que teña como idea de futuro o estudo dalgunha titulación do centro.

O prazo de presentación dos deseños será desde o 10 de marzo de 2020 ata o 10 de abril de 2020.

Bases do concurso.

Envío da proposta a eseida@esei.uvigo.es