Como estudante das titulacións da ESEI podes realizar prácticas en empresas como complemento dos teus estudos. Segundo a titulación que esteas cursando, a realización de prácticas terá características e consecuencias diferentes:

  • Grao en Enxeñaría Informática: pódense realizar prácticas de 6 ECTS (150 horas) ou 12 ECTS (300 horas), que se contabilizan como créditos optativos a detraer dos créditos de optatividade que debes cursar. Son prácticas curriculares, aínda que tamén se poden facer extracurriculares e figurarán no expediente académico do/da estudante.
  • Máster en Enxeñaría Informática: a realización das prácticas será obrigatoria e lévase a cabo no terceiro semestre do máster. Son prácticas curriculares, aínda que tamén se poden facer extracurriculares e figurarán no expediente académico do/da estudante.

Independentemente do tipo de prácticas que se oferten, é necesario dispoñer dun convenio de colaboración en vigor, de cuxa tramitación encárgase a  Fundación Universidade de Vigo (FUVI).

Prácticas curriculares

Xestionadas pola Escola, son prácticas que están incluídas no plano de estudos do alumnado (ben optativas como no Grao en Enxeñaría Informática, ou ben obrigatorias, como no Máster en Enxeñaría Informática). Realízanse obrigatoriamente durante o curso académico, pois teñen o carácter administrativo de calquera outra materia.

Curso 2023/2024

1ª convocatoria: Oferta e asignación de prácticas no Grao en Enxeñaría Informática para o curso 2023-2024

1ª convocatoria: Oferta e asignación de prácticas no Máster en Enxeñaría Informática para o curso 2023-2024

1ª convocatoria: Oferta e asignación de prácticas no Máster en Intelixencia Artificial para o curso 2023-2024

2ª convocatoria: Oferta e asignación de prácticas no Grao en Enxeñaría Informática para o curso 2023-2024

2ª convocatoria: Oferta e asignación de prácticas no Máster en Enxeñaría Informática para o curso 2023-2024

2ª convocatoria: Oferta e asignación de prácticas no Máster en Intelixencia Artificial para o curso 2023-2024

As empresas interesadas en ofertar prácticas curriculares enviarán as súas propostas nos prazos establecidos pola ESEI. Por suposto, se coñeces algunha empresa na que che interese realizar as prácticas só tés que poñerte en contacto co coordinador de prácticas da ESEI.

Contacto:

Francisco Javier Rodríguez Martínez

Email: emprego@esei.uvigo.es
Tel: (34) 988 387 022

Prácticas extracurriculares

Oferta de prácticas extracurriculares (21/06/2023)

Xestionadas pola FUVI. Son máis flexibles para a empresa e o/a estudante, pois entre outras cuestións pódense convocar e cursar en calquera momento, a empresa pode seleccionar ó/á alumno/a entre as persoas solicitantes, e poden realizarse fóra do curso académico. Segundo a normativa da Universidade, estas prácticas deben ser remuneradas se superan as 240 horas, e non poden durar máis de 6 meses.

Contacto:

Sandra Morales Lloves
Fundación Universidade de Vigo
Edificio Administrativo, Campus As Lagoas s/n
32004 Ourense

Emailpracticasou@fundacionuvigo.es
Tel: (34) 988 368 898