Méndez Reboredo, José Ramón

Tipo: Titular de Universidade
Departamento:
Área: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Dedicación: Completa
Asignaturas:

Máster Universitario en Enxeñaría Informática

Grao en Intelixencia Artificial

Experiencia docente: Docente a tempo parcial na Universidade de Vigo no periodo 2004-2010 e a tempo completo dende o ano 2010, o profesor conta con 2 quinquenios recoñecidos, tendo dirixido Proxectos Fin de Carreira (49), Traballos Fin de Mestrado (10), Traballos Fin de Grao (13) e Traballos Académicamente Dirixidos (1) e Becas de Colaboración co Departamento de Informática. Participou en 7 estancias de mobilidade ERASMUS, e é autor de 4 libros e 3 capítulos de libro, 1 artigo en revista nacional e 4 en congresos nacionais, todas elas de ámbito docente.
Experiencia investigadora: Membro do grupo de investigación Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING, http://singgroup. org ), José Ramón Méndez conta con 2 sexenios de investigación recoñexidos pola CNAI (períodos [2004-2010] e [2011-2016]) e un de transferencia ([2005-2011]), tendo dirixido un total de 3 teses de doutoramento (1 delas con mención Doutor Europeus). Segundo SCOPUS (con data 10/10/2019) os 60 traballos científicos publicados polo profesor José Ramón Méndez (35 deles en revistas indexadas no JCR), que alcanza un índice h de 15, foron obxecto dun total de 700 citas procedentes de 473 publicacións distintas.
Experiencia profesional: Traballou tanto en empresas, como freelance e na administración pública galega desenvolvendo tarefas de informática. As tarefas principalmente desenvolvidas teñen que ver fundamentalmente coa administración e configuración de sistemas informáticos e redes de computadores. Estas actividades alleas á Universidade de Vigo representan máis de cinco anos e medio da súa vida laboral.

Datos de contacto

Despacho: 408
Teléfono: 988387015
Correo electrónico: moncho.mendez@uvigo.gal