Titulación vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática, de 240 ECTS repartidos en catro cursos, incluido o Traballo Fin de Grao. O titulado é un profesional cunha completa formación científica, tecnolóxica e socioeconómica, que o prepara para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) no ámbito da Informática.

Este título obtivo o Selo de Calidade EUROINF en xuño de 2019 (ver Informe Final). O Selo EUROINF de Informática é un certificado concedido pola axencia autorizada por European Quality Assurance Network for Informatics Education (EQANIE) que avala cun programa formativo de Enxeñaría de nivel de Grao o Mestrado cumpre cos estándares internacionais, establecidos por persoas académicas e profesionais que colaboran coa dita agencia.

Coordinadora: Eva María Lorenzo Iglesias

Linguas de impartición: Castelán, galego

  • Data de verificación do título: 22/06/2009
  • Data de aprobación polo Consello de Ministros: 30/10/2009
  • Data de autorización da implantación pola Xunta de Galicia: 27/08/2009
  • Data de inscripción no RUCT: 05/01/2010
  • Data de publicación no BOE: 01/11/2010 (derradeira modificación DOGA (04/09/2020) BOE (28/09/2020))
  • Curso de Implantación: 2009-2010

Profesións para as que capacita o título: Enxeñeiro/a Técnico/a.

Nota: A profesión non conta con atribucións profesionales, pero sí existe un marco legal de referencia sobre a profesión (Resolución de 8 de junio de 2009, de la Secretaría General de Universidades, por la que se da publicidad al Acuerdo del Consejo de Universidades, por el que se establecen recomendaciones para la propuesta por las universidades de memorias de solicitud de títulos oficiales en los ámbitos de la Ingeniería Informática, Ingeniería Técnica Informática e Ingeniería Química- BOE 4/8/2008).