Constrúe o teu soño ou serás contratado para cumprir o de outros

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense acollerá a Conferencia “Constrúe o teu soño ou serás contratado para cumprir o de outros”.

Onde e cando?

Xoves 19 de decembro no salón de graos da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

Programa da Conferencia:

11:00 horas: presentación da xornada por Natalia Caparrini, Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.

11:10 horas: A empresa Suma Importancia dará unha charla sobre como establecer unha folla de ruta para por en marcha unha idea de negocio.

12:15 horas: institucións colaboradoras informarán sobre o financiamento de iniciativas emprendedoras.

12:45 horas: conclusións por Suma Importancia

13:00 horas: peche e networking

Máis información: na Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo no email emprego1@uvigo.es ou no teléfono 986 81 21 36.

Pode consultalo en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/25220