Xornadas de acollida curso 2020/2021

O venres, 18 de setembro terán lugar, no Salón Marie Curie do Edificio Politécnico, unhas xornadas de acollida para alumnado de grao, dobre grao e máster, do curso 2020/2021.

Para cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias, estableceranse dúas quendas:

  • 10:30 horas: alumnado coa inicial do primeiro apelido dende A-L
  • 12:30 horas: alumnado coa inicial do primeiro apelido dende M-Z

O programa de cada unha das sesións é o seguinte:

  • Benvida e Presentación do Equipo Directivo.
  • Presentación do Grao e do Máster en Enxeñaría Informática.
  • Presentación do PAT (Plan de Acción Titorial).
  • Presentación dos Programas de Mobilidade.
  • Presentación das Prácticas en Empresas.
  • Presentación ESEIDA.