Existen moitas e boas razóns polas que estudar Enxeñaría Informática é unha boa idea, pero pódense resumir nas 10 razóns da ACM (Association for Computer Machinery), unha das principais asociacións mundiais de referencia no noso ámbito:

1. A informática forma parte de todo o que facemos.

Os computadores e a tecnoloxía asociada atópanse practicamente en todo o que forma parte das nosas vidas, dende os coches que conducimos ás películas que vemos, pasando polo modo en que as empresas e a administración relaciónanse connosco. O comprender as diferentes dimensións da informática é parte do conxunto de capacidades necesarias para unha persoa formada no século XXI. Tanto se se desexa ser científico, desenvolver a aplicación máis avanzada ou sinxelamente saber que significa realmente a expresión “hai un problema informático”, o estudar Informática proporcionará coñecemento fundamental nese sentido.

2. A experiencia en cuestións informáticas permite resolver problemas complexos e que constitúen un desafío.

A Informática é unha disciplina que proporciona satisfaccións e interesantes posibilidades para un gran número de persoas, sen importar os seus intereses. A informática require e desenvolve capacidades para resolver problemas difíciles, con múltiples dimensións, que requiren imaxinación e sensibilidade cara a unha gran variedade de temas.

3. A Informática permite facer un cambio positivo no mundo que nos rodea.

A Informática leva a innovación ao campo científico (proxecto xenoma humano, vacina da SIDA, protección e control do medio ambiente, etc.) e tamén en enxeñaría, negocios, entretemento e educación. Se se desexa facer un cambio positivo no mundo débese estudar Informática.

4. A Informática proporciona diversos tipos de lucrativas carreiras profesionais.

Os traballos de Informática están entre os mellor pagos e proporcionan a máis alta satisfacción no traballo. A informática asóciase a miúdo con innovación, e os desenvolvementos informáticos adoitan conducir a ela. Esta pode ser a clave, nestes momentos, da competitividade nacional. As posibilidades de desenvolvemento futuras espéranse que sexan mesmo superiores ás que xa se produciron no pasado.

5. O traballo en Informática será fundamental, independentemente de onde se sitúen fisicamente as persoas.

Nestes momentos hai máis traballos no campo da informática que persoas cualificadas para cubrilos. En Estados Unidos, o emprego en Tecnoloxías da Información foi un 17% superior en 2004 respecto de 1999 e establécese o maior potencial de novo emprego até 2014. Se se considera o crecemento esperado en Informática, é simple ver que se necesitará máis talento, independentemente de onde se atopen esas persoas talentosas.

6. A experiencia en Informática serve de axuda, mesmo aínda que esta non sexa a parte principal do traballo.

Ter un grao en Informática proporciona uns coñecementos conceptuais sobre resolución de problemas e pensamento lóxico que servirán como vantaxe competitiva na carreira profesional, sexa cal sexa o ámbito na que ésta se desenvolva.

7. A Informática ofrece grandes oportunidades de creatividade e innovación.

A creación de solucións software de alta calidade é unha actividade altamente creativa, ademais, a informática dá soporte ao traballo creativo en moitos outros campos. A mellor solución informática mostra altos niveis de elegancia e beleza.

8. A informática incentiva o traballo colaborativo pero tamén o esforzo individual.

A informática céntrase a miúdo en equipos que requiren persoas con diferentes capacidades; con todo, hai tamén espazo para a individualidade e a imaxinación.

9. A Informática é unha parte esencial dunha preparación académica completa.

Cada vez máis universidades e empresas recoñecen o completar un curso de informática como unha mostra de currículo académico con valor.

10. As oportunidades futuras en informática non teñen fronteiras.

A informática é un deses campos onde é case imposible predicir que vai ocorrer a continuación. Este é o motivo que fai difícil imaxinar todos os modos nos que unha persoa pode contribuír e constitúe, dentro deste campo, unha parte importante do traballo real e emocionante.

Ademais destas dez razóns pode resultar moi útil este programa de “A Aventura do Saber”, emitido pola 2 de RTVE, e adicado á Enxeñaría Informática.

Outros vídeos de interese: What most Schools don’t teach.